SOBRE NÓS

Tradición familiar e visión profesional desde Ponteceso, A Coruña

Experiencia Inmobiliaria e Xestión Integral na Costa da Morte.

No Grupo Gontad levamos máis de 30 anos ofrecendo seguridade e confianza na Costa da Morte. O que naceu como unha empresa familiar en Ponteceso dedicada á protección e os seguros, evolucionou ata converterse nun grupo multidisciplinar de referencia baseado na honestidade e o coñecemento profundo do noso territorio.

OS NOSOS VALORES

Proximidade

Escoitamos ás persoas. Para nós, ti non es un número, es un veciño.

Honestidade

Sen especulación. Traballamos con prezos de mercado xustos e total transparencia en cada contrato.

Compromiso

Acompañámoste desde a primeira valoración ata a firma final, coidando do teu patrimonio coma se fose o noso.

Constrúe o teu futuro e estilo de vida na Costa da Morte.

Non só vendemos propiedades; axudamos a crear fogares e negocios na zona que amamos.