VENDE A TÚA PROPIEDADE NA COSTA DA MORTE

Vender ben. Non vender rápido a calquera prezo.

En Gontad Inmobiliaria coñecemos o mercado, activamos a nosa rede e posicionamos a túa vivenda con estratexia para lograr unha venda real e transparente.

Vector (23)

Abordamos prezos realistas.

Inflar o prezo unha propiedade cámbiao todo. Por iso en Gontad Inmobiliaria traballamos con datos reais e análise comparativa da Costa da Morte para fixar un prezo estratéxico desde o inicio.

O comprador correcto é clave.

Non todas as propiedades buscan o mesmo perfil. En Gontad definimos un mercado obxectivo: segunda residencia, investimento rural ou vivenda vacacional, e orientamos a estratexia cara a ese público.

A estratexia marca a diferenza.

Publicar non é vender. Activamos a nosa rede de contactos, investimos en márketing profesional e posicionamos a túa propiedade de forma segura e transparente.

POR QUE O GRUPO GONTAD?

A proximidade dunha empresa familiar + a estratexia dunha inmobiliaria experta.

Somos de aquí, e isto cámbiao todo. Coñecemos o mercado inmobiliario de Ponteceso, Laxe, Cabana, Carballo e toda a Costa da Morte desde dentro: os seus prezos reais, a súa demanda e o perfil de comprador que busca unha propiedade na zona. Tratamos a túa propiedade coma se fose nosa, ofrecendo unha xestión integral para a túa total tranquilidade:

Asesoramento e Xestión 360º

Ofrecémosche paz mental encargándonos de toda a burocracia técnica e legal: desde certificados e escrituras ata a xestión de herdanzas e seguros específicos.

Valoración Real e Impacto Visual

Aplicamos criterios obxectivos para fixar prezos xustos e potenciamos a túa vivenda con fotografías profesionais e visitas virtuais que atraen tanto a veciños como a investidores estranxeiros.

Difusión Estratéxica

Comercializamos a túa propiedade con máxima visibilidade, combinando a nosa rede de contactos de máis de 30 anos con investimento en márketing, redes sociais e posicionamento nos mellores portais.

Falamos da túa propiedade?

Solicita unha valoración e descobre o prezo real de mercado da túa propiedade na Costa da Morte.

Vender una propiedad